Podcast gañador do 1º premio dos Premios José Hermida convocados pola Cadena Ser de Pontevedra.

Nel falamos sobre o consumo de pornografía na adolescencia. Analizamos como o acceso precoz a este tipo de contidos pode influír na percepción das relacións afectivas e sexuais, xerando expectativas irreais e posibles problemas emocionais. Tamén reflexionamos sobre as consecuencias que pode ter na autoestima e na forma de entender o respecto e o consentimento. 
Finalmente, destacamos a importancia da educación afectivo-sexual para previr estes riscos e fomentar unha visión máis saudable das relacións.

Parabéns ao alumnado participante: Alicia Alonso Fontenla, Iago Gónzalez Cañamero, Manuel Garrido Rey, Uxía Crespo Bello, Álvaro Taboada Fraguas, Julia Márquez Martínez, Elba Xesteira Diñeiro e Hugo Rodríguez Casás.

Coordinaron o proxecto Javier García Barreiro e Marta Rivadulla Bendaña.