O pasado 29 de outubro recibimos a visita do educador ambiental Marcos Guiadanes, que concienciou ao noso alumnado sobre a importancia da conservación e xestión dos bosques autóctonos na nosa comunidade. Na vindeira primavera, o alumnado visitará as instalacións no CUVI e coñecerá máis de preto o Proxecto Bosque Atlántico.

Despois do encontro, foi entrevistado na radio do centro. Gracias a todos pola súa participación.