https://drive.google.com/file/d/1_lZTD_0kBSNOvmyj5ry3az52YyPOnx_z/view?usp=drive_link
O 19 de decembro de 2025, no IES de Cotobade, o alumnado de 1⁰ da
ESO puido disfrutar de dúas horas de interacción e creatividade con
Adrián Morgade. Coa escusa de que teñen como libros de lectura para
escoller os dous volumes de Xinfu, o ilustrador e autor pontevedrés
concedeulles unha entrevista para a nosa radio organizada polo EDLG. A
continuación, puxéronse mans á obra para crear cadanseu heroe ou
cadansúa heroína.
Houbo resultados moi creativos e gozaron moito da actividade.



0 Comentarios