Rompe a cadea, cambia a dirección é un podcast que fala sobre o Acoso Escolar tratando de explicar a figura da persoa acosadora, ao mesmo tempo que analiza as estratexias que poden adoptar os centros educativos para previr e frear esta problemática.

Un proxecto que nace do traballo e da implicación do alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO, coa colaboración do profesorado e das familias que participaron no World Café o 16 de decembro de 2025, o alumnado do grupo de Axuda entre iguais e o Doutor en Psicoloxía e experto en acoso escolar, José María Avilés. 

Parabéns a Marta, Breixo, Laura, Sergio, Ismael, Elba, Paula, Victoria, René, Lucás, Julia L., Laura, Candela, David e Julia M. polo seu esforzo, dedicación e compromiso. 

Un agradecemento especial ao noso exalumno, Iago, sempre disposto a asesorar e botar unha man. 

Grazas tamén ao profesorado do claustro que, dunha ou outra maneira, fixo posible que este proxecto saíse adiante.

O proxecto foi coordinado por Javier García Barreiro e Marta Rivadulla Bendaña.